Cambiando Lugo

Rubén Arroxo

O Lugo do futuro

Principais actuacións que executaremos a partir do 28 de maio
Muralleando Sen Parar 2020
Peonalización da Rolda da Muralla

Continuaremos a reducir o tráfico da Rolda da Muralla. A seguinte actuación comprenderá o treito entre a porta de San Fernando e a Porta do Hospital, dando continuidade á nova beirarrúa da Rolda.  

Rúa Luís Seoane peonil
Espazos seguros en todos os barrios

Do mesmo xeito que a praza do Sagrado Corazón, Luís Seoane, as rúas de Fingoi de Abaixo ou a rúa Rafael de Vega, desde o BNG traballaremos para que todos os barrios conten cun espazo peonil seguro, onde a veciñanza teña un espazo de convivencia amable. 

Actuacións realizadas no barrio das Gándaras
Atención ás zonas periurbanas

Desde o BNG apostamos por traballar tanto na zona urbana de Lugo como na mellora dos barrios e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas. 

Manifestación Lugo Quere Tren 2022
Lugo Quere Tren

Seguiremos esixindo a modernización da liña que une Ourense con Lugo e Lugo coa Coruña, ao igual que a execución dos 25km da variante entre Curtis e Ordes para unir Lugo e Compostela en tren. 

Rubén Arroxo mostrando o percorrido da Rolda Leste
Salvemos o Rato

A Xunta de Galiza ten pendente completar a Rolda Leste, a vía que unirá a N-VI coa estrada da Fonsagrada. Esta infraestrutura, que contará con dúas calzadas de dous carrís, con mediana de separación entre elas e importantes estruturas na execución do seu percorrido, terá unha enorme afectación no terreo das carballeiras do río Rato e tamén á parroquia de Bosende, destruíndo preto dun quilómetro de carballeiras da contorna do rato, unha perda importante nas nosas zonas verdes. 

Concentración reclamando á Xunta o arranxo da Tinería
Recuperar a Tinería

O conxunto histórico da cidade de Lugo é BIC (Ben de Interese Cultural), ao igual que algúns dos edificios que se atopan no seu recinto, como o Cuartel de San Fernando.
Nun momento coma este, no que se está a intervir en toda a cidade para poñela en valor, e moi especialmente no entorno da única Muralla romana completa do planeta, non é concebíbel que a Xunta manteña esta zona abandonada. 

Reclamando un xulgado específico de violencia de Xénero
Xulgado de Violencia de Xénero

esde o BNG levamos anos traballando para que Lugo conte cun xulgado de Violencia de Xénero. Unha sala específica na que tratar estes casos, que dea a mellor atención posíbel ás vítimas. Nos últimos anos as distintas administracións foron dando pequenos pasos de cara á creación deste xulgado, mais seguimos traballando para que Lugo conte cun servizo público esencial que permita dar un trato eficiente e áxil aos casos de violencia de xénero. 

Lugo: antes e despois do BNG

Mosqueira peonil
A Mosqueira

Neste tempo, conseguimos que o treito máis destacado da Rolda da Muralla se convertese nun espazo para as persoas, unha praza que coida do noso elemento patrimonial máis importante a o eliminar as vibracións que os coches producen na Muralla.

Rúa Quiroga Ballesteros peonil
Quiroga Ballesteros

A peonalización de Quiroga Ballesteros fixo que a zona histórica de Lugo dese un paso adiante, eliminando os coches do centro da cidade e gañando espazos para todas as veciñas e veciños.

Rubén Arroxo e Ana Pontón percorrendo as ruas do barrio de Recatelo
Recatelo

 Traballamos para humanizar a totalidade do barrio de Recatelo, creando unha importante zona de paseo que una o Parque de Rosalía co casco histórico e mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños deste barrio.  

Rotonda de San Eufrasio desde o aire
Rotonda de San Eufrasio

A mellora do cruce entre Fontiñas e a rúa San Eufrasio foi unha das primeiras actuacións nas que nos puxemos a traballar no ano 2019. Este cruce era un dos puntos negros máis importantes de Lugo. 

Pasarela do Centro de Saúde de San Roque
Pasarela C.S. San Roque

Estudáronse as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, e construíuse unha pasarela peonil na unión do Centro de Saúde, dando continuidade ao ascensor xa instalado unindo ambas zonas cun percorrido practicamente chan.

Mural do proxecto Superavoas na praza do Sagrado Corazón
Promoción da arte urbana

Unha das actuacións que máis pegada deixan na cidade é o festival de arte Culturban, unha mostra que achegou a Lugo aos principais muralistas de Galiza e do Estado. dunha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se utilizan as rúas de Lugo, como taller de traballo, lenzo e galería. 

Praza do Sagrado Corazón renovada
Lugo para as persoas

Unha clara aposta desde a nosa chegada ao Goberno de Lugo foi priorizar ao peón sobre o coche, creando as condicións para que a veciñanza poida desprazarse a pé de maneira segura. 

Vieiros escolares do colexio de Albeiros
Vieiros escolares 

A construcción de elementos de calmado do tráfico, permitiunos poñer en marcha un plan piloto de vieiros escolares seguros, zonas polas que as nenas e nenos poden camiñar ata o seu centro educativo reducindo os riscos asociados ao tráfico.

Infografía da rúa Gallego Tato
Gallego Tato

Este é o centro de ensino que conta con máis estudantes na cidade, e está situado nunha zona na que conflúen centros de ensino, instalacións deportivas e un centro social, polo que se fai necesario contar cun espazo humanizado para o desfrute da veciñanza. 

Infografía da rúa Camiño Real
Camiño Real

Está xa en marcha a peonalización da rúa Camiño Real, a zona que se transformará nunha rúa como Bispo Aguirre pero na saída norte da Muralla. Esta actuación é unha proposta que levamos no noso programa no ano 2019, programa que cumplimos nun 95%

Acendido das luces de Nadal na Praza de Abastos, 2022
Dinamización da Praza de Abastos

A promoción de ambos espazos, xunto coa organización de actividades diversas como torneos de xadrez e futbolín ou exposicións, permitiron que a veciñanza teña hoxe unha percepción mellor tanto da Praza como do Mercado, e que cada vez máis persoas decidan realizar as súas compras nestas instalacións. 

Rúas de Lugo cheas de xente no San Froilán 2022
Cultura de calidade

Traballamos  para que Lugo contase cunha programación cultural variada, sostida no tempo e de calidade, traendo a Lugo opcións diversas durante todo o ano. Música, teatro, danza, actividades de rúa e, sobre todo, promoción da cultura tradicional galega, dando espazo a artistas de Lugo e de distintos puntos de Galiza.

O cambio en vídeo

A Mosqueira

Rotonda de San Eufrasio

Porta de Santiago

Rúa Quiroga Ballesteros

A nosa candidatura

Rubén Arroxo, candidato do BNG á alcaldía de Lugo

Rubén
Arroxo Fernández

Lugo, 1985
Arquitecto técnico e adestrador de atletismo
Concelleiro e portavoz do BNG no Concello de Lugo desde 2015, Tenente Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas desde 2019

GGBLOQUE NACIONALISTA GALEGO
PRAZA MAIOR, SN
27001, LUGO
GALIZA
CIF: G27472372
CORREO: GRUPOMLUGO.BNG@LUGO.GAL
TELÉFONO: 982 297 350